Otros

A Escola de Pais e Nais de Vieiro xa traballa en clave de prevención

0

4 DIC 2017REDACCIÓN

Facebooktwittergoogle_plusGrupo da casa da Xuventude de Vieiro en Carballo

A Asociación Antidroga “Vieiro” iniciou durante o mes de novembro o programa ESCOLA DE PAIS/NAIS destinadas a responsables familiares: pais/nais e titores/as familiares.

As sesións das distintas escolas se imparten na Casa da Xuventude os venres de 19:30 a 21 e os xoves de 19 a 21, no Ceip Fogar os luns de 9:30 a 11 e no Centro Social de Ramil os martes de 19:30 a 21 horas. A duración destas escolas é de 7 meses dando comezo en novembro de 2017 e fin en mayo de 2018. A periodicidad é semanal e as sesións son presenciales cunha duración de 1, 5 horas cada unha.

O curso, mpartido polas Psicólogas Lara Rodríguez das Heras e Mª Belén Álvarez Sande, está aberto a outros pais/nais interesados no programa, coa posibilidade de que se inscriban outras persoas para que poidan formar un novos grupos, como mínimo de 15 alumnos/as, quedando pendente os días e horas a impartir o mesmo. O teléfono de contacto é o da Asociación 981756161

O obxecto destes cursos é o de informar e formar aos pais á hora de que estes poidan desempeñar con garantía o labor de educadores/as sobre todo en temas relacionados coa educación persoal e social.

Os contidos que se tratan nestas escolas son considerados de alto interese formativo e de vital importancia cara á educación dos fillos/as e que constan dos seguintes talleres: Habilidades persoais e sociais. Disciplina positiva. Violencia. Condutas adictivas. Sexualidade. Os estudos. A familia…

fuente: Que Pasa na Costa

Porro peor que pitillo

Entrada anterior

Prevención de Consumo de Sustancias Adictivas en Espacios de Ocio Nocturno

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Más en Otros