Hemeroteca

Asociación Vieiro e UNAD: «só 1 de cada 4 mulleres con problemas de adicción pide axuda»

0
 Responsables de Vieiro

  • Desde as asociacións como Vieiro alertan de que as mulleres sofren unha dobre discriminación, polo seu sexo e pola mesma adicción

Con motivo do Día Internacional da Muller, a Asociación Vieiro e a UNAD, a rede que reúne ás asociacións que interveñen no ámbito das adiccións e dos problemas que derivan delas, queren visibilizar e denunciar a desigualdade e violencias de xénero que sofren as mulleres con adiccións.

En 2018, a rede UNAD recibiu a 17.043 mulleres nos seus servizos: 7.313 mulleres acudiron a servizos asistenciais de drogodependencias ou outras adiccións, 2.447 asistiron a servizos de inserción sociolaboral e emprego, 1.066 mulleres solicitaron asesoría xurídico penal e 6.217 buscaron apoio como familiares de persoas con problemas de adicción.

Tanto Vieiro como a UNAD manifestan que só 1 de cada 4 persoas que busca axuda é muller, pero isto non significa que as mulleres presenten menos problemas de consumo e/ou adicción que os homes; senón que se trata dunha dobre discriminación.

As mulleres con problemas de consumo e/ou adicción sofren unha dobre discriminación (por ser consumidoras e polo feito de ser mulleres) que dificulta o seu acceso aos servizos de atención. Esta discriminación ademais vese multiplicada cando aparecen outros eixos e elementos como ter algún tipo de discapacidade/diversidade funcional, ser unha muller racializada, estar en situación de pobreza, ou ser unha muller trans, entre outros moitos elementos.

No caso de acceder aos servizos, a permanencia nos mesmos é máis complicada para as mulleres, posto que toda a rede está deseñada desde un modelo androcéntrico de atención, e os servizos non responden ás súas necesidades.

Neste contexto, e 25 anos despois da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing, desde Vieiro e a UNAD reclaman políticas públicas que respondan de maneira efectiva a estas realidades a nivel local, autonómico, estatal, europeo e global. Precisamente esta semana a ONU reuniuse en Viena para tomar decisións sobre a política global de drogas.

Fuente: NH Diario>https://nhdiario.es/asociacion-vieiro-e-unad-so-1-de-cada-4-mulleres-con-problemas-de-adiccion-pide-axuda/?lang=gl

Nueve pautas para abordar (y prevenir) el consumo de drogas y el alcohol con nuestros hijos adolescentes

Entrada anterior

“As mulleres con problemas de adicción sofren unha doble discriminación, por ser consumidoras e polo feito de ser mulleres”

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Hemeroteca