Hemeroteca

Muller menor de 30 anos e da provincia da Coruña, o perfil que máis solicita axuda en Vieiro

0
Miembros de la dirección de vieiro - cedida
  • Un 90% das persoas atendidas ten entre 19 e 30 anos, sendo o motivo principal da consulta a demanda de información sobre o cánnabis e a cocaína

A Presidenta da Asociación Vieiro Fina Rey, acompañada do vicepresidente Xosé Mª Arán e da secretaria Mª do Pilar Mata, deu a coñecer o balance correspondente ao ano 2019 do Servizo de Información, Atención e Asesoramento, un programa que proporciona axuda sobre calquera aspecto relacionado cos problemas derivados de condutas adictivas e o seu tratamento.

Os resultados mostran que foron atendidas en Vieiro un total de 129 persoas, 59 foron atendidas persoalmente na sede da entidade e 70 contactaron coa asociación mediante vía telefónica.

A maioría das consultas foron feitas por mulleres e o motivo principal do contacto coa asociación foi para demandar información sobre substancias, máis concretamente sobre o cánnabis e a cocaína, así como pautas psicoeducativas de orientación a familias e centros educativos.

A maioría das persoas atendidas habitan en concellos situados entre A Coruña e Fisterra, e un 90% ten entre 19 e 30 anos.

Fuente: NH Diario – Costa da Morte

Desarticulado en Carballo el mayor punto de venta de droga de la comarca

Entrada anterior

BALANCE AÑO 2019 – SERVICIO DE INFORMACIÓN, ATENCIÓN Y ASESORAMENTO

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Hemeroteca