ActualidadHemerotecaPortada

PRENSA: CONCELLO CARBALLO – Vieiro ocupará provisionalmente as oficinas do antigo centro de formación da Cristina tras o incendio da súa sede

0
O lume deixou a sede de Vieiro nun estado inhabitable

13/10/2020: PRENSA

Vieiro ocupará provisionalmente as oficinas do antigo centro de formación da Cristina tras o incendio da súa sede

O goberno municipal reuniuse hoxe coa directiva da asociación antidroga, que agradeceu a colaboración e a rápida resposta do Concello

Martes 13 de outubro do 2020

 

O alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, visitaron hoxe a sede de Vieiro nas antigas vivendas dos mestres, que quedou inhabitable como consecuencia dun incendio intencionado na madrugada do domingo. Os responsables municipais mantiveron unha reunión cos membros da xunta directiva Fina Rey, Xosé María Arán e Pilar Mata e con persoal da asociación antidroga, e puxéronse á súa disposición para a procura dun emprazamento alternativo dada a imposibilidade de seguir utilizando o local que xa tiñan cedido polo Concello de Carballo.

Nada máis rematar a xuntanza realizouse unha visita ao edificio do antigo ambulatorio, onde se barallou a posibilidade de acondicionar un espazo na planta baixa, aínda que a necesidade de realizar obras impediría a súa utilización a curto prazo. Posteriormente achegáronse ata o antigo centro municipal de formación, na avenida da Cristina, que en principio reuniría as condicións necesarias para o seu uso inmediato por parte da asociación, polo que se acordou a ocupación provisional da instalación á espera do acondicionamento da sede que se habilitará no antigo ambulatorio.

A Brigada Municipal de Obras colaborará con Vieiro no traslado, que se realizará esta mesma semana. A xunta directiva agradeceu a colaboración dos servizos municipais e a rápida resposta do goberno municipal, que permitirá que a asociación retome a súa actividade nos vindeiros días.

GaleríaLocal no antigo ambulatorioUnha das dependencias do edificio da Cristina

Fuente: Concello de Carballo.

PRENSA: El Correo de Bergantiños. Vieiro ocupará provisionalmente as oficinas do antigo centro municipal de formación tras o incendio da súa sede

Entrada anterior

PRENSA: NH DIARIO. El Ayuntamiento actúa con celeridad en la búsqueda de una solución a la reubicación de Vieiro

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Actualidad