ActualidadHemerotecaNoticias vieiroPortadaVieiro

PRENSA: NH DIARIO. Vieiro iniciou a “Escola de familia” no centro social de Ramil-Rus

0

NOTICIAS: 07/11/2020

Vieiro iniciou a “Escola de familia” no centro social de Ramil-Rus

Asociación Vieiro

Por Lidia T. 

  • Nas actividades trataranse temas como a autoestima, a sexualidade ou as técnicas de estudo

A Asociación Vieiro de Carballo continúa co seu labor social para previr condutas aditivas, e faino a través de iniciativas como a Escola na familia, enmarcada dentro dos programas de prevención familiar.

As sesións, que se manterán ata o mes de maio, terán unha hora e media de duración, e nelas trataranse temas como a autoestima, a xestión de emocións, a disciplina positiva, as técnicas de estudo ou a sexualidade.

As primeiras clases tiveron lugar no centro social de Ramil-Rus, que se realizarán con periodicidade semanal en horario de 19:30 a 21:00 horas. Ademais, súmanse outros espazos como a sede actual de Vieiro, localizada na rúa Xazmíns nº 2, e a Casa da Xuventude.

Concretamente, na sede as actividades realizaranse o xoves 12 de novembro, de 17:30 a 19:00 horas e de 19:30 a 21:00 horas. Sete días máis tarde, o luns 16 de novembro, repetiranse as clases no primeiro horario. Mentres, na Casa da Xuventude a programación realizarase os seguintes luns, 23 e 30 respectivamente, en horario de 17:00 a 18:30 horas.

Máis información chamando ao 981756161.

Fuente; Nh Diario

A veces bebo demasiado: el Punto de No Retorno con el consumo agudo de alcohol

Entrada anterior

Una estrategia de investigación-acción para prevenir y abordar el consumo de alcohol de menores y jóvenes

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Actualidad