Hemeroteca

PRENSA: Que pasa na costa – Prenden lume ás instalaciós de Vieiro

0
PRENSA: 12/10/2020

 

 

Redacción.

 

Días tristes para a familia da Asociación Antidroga Vieiro. Este pasado sábado a súa sede, nun local municipal sito nas vivendas de profesores da Rúa Vázquez Parga, sufría un incendio, probablemente provocado. Así o denuncia Xosé María Arán, responsable da entidade, que recoñece que “non lle encontramos sentido ningún… Non parece que se levaron nada, e mesmo queimaron as pantallas dos ordenadores…”

Foi o sábado a primeira hora da mañá cando un veciño que pasaba por aí, notou que a porta estaba pinzada e avisou á Policía. Pronto chegaron os Bombeiros e sufocaron a desfeita.

Arán recorda que a entidade, que cumple 30 anos de servizo este 2021, nunca tivo ningún problema, pero dende o ano pasado que as vivendas están desafectadas e baixou moito a veciñanza, a zona quedou algo abandonada, provocando xa outros dous roubos no último ano. ”Pero esta vez xa é unha cousa moi seria”, recoñece Arán.

A instalación quedou inoperativa, e a entidade está moi preocupada, “non só polos bens, e os aparatos, senón tamén porque que se queimou a información da Asociación, tanto física como os discos duros”, explica. “Temos un problema moi serio pois a ver se podemos recuperar as copias de seguridade de cousas como o servizo xurídico que facemos con usuarios dende Fisterra a Laracha, que está en local”.

Incendio provocado en Vieiro 2

A ENTIDADE MANTÉN A OPERATIVIDADE

En todo caso, e pendentes da reunión deste martes co Concello para ver se poden habilitar outro local, a entidade, e os seus 2 traballadores permanentes e outros 6 temporais, manteñen a súa actividade. Ademais a Parroquia de Carballo cédelles un espazo temporal, para realizar as reunións coas comunidades escolares dos centros de ensino no marco do programa de Escola de Familias.

Fuente: Que pasa na costa

PRENSA: NH Diario – Carballo | Asaltan e queiman a sede da asociación Vieiro

Entrada anterior

PRENSA. TVG 24H – A Garda Civil busca os responsables dun incendio provocado en Carballo

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Hemeroteca