HemerotecaNoticias vieiro

Vieiro axuda aos moz@s carballeses a sacar o carnet de conducir

18 Jun 2018Redacción

Facebooktwittergoogle_plusResponsables da Asociacion Vieiro

Que importante, en zonas como Carballo, achegar á mocidade á necesidade de sacar o carnet de conducir. Determinados colectivos do concello carballés, e doutras zonas colindantes, levan anos acostumados a conducir sen carnet, sendo un verdadeiro problema para toda a sociedade. Ata o punto de que os accidentes son a primeira causa de mortalidade entre os mozos/mozas/as entre 17 e 24 anos.

De aí a importancia do novo programa “Cambio de sentido”, que a Asociación Vieiro está ofrecendo ás Autoescolas. O programa, de carácter preventivo, está destinado a mozos/as en proceso de obter o carnet de conducir nas diferentes autoescolas do Municipio de Carballo. Este programa, ten como obxectivo, concienciar ás/aos futuros condutores/as do risco que leva aparellado o binomio condución-consumo de drogas, polo que consideramos moi importante reducir comportamentos de risco relacionados co consumo de alcohol e outras drogas.

Obxectivo que se concreta nun dobre compromiso:

1.- Reducir a porcentaxe de conductores/as falecidos/as en accidentes de tráfico no que se detecta a presenza de alcohol ou outras drogas.

2.- Reducir o número de conductores/as menores de 30 anos falecidos en accidentes de circulación estando baixo a influenza do alcohol e outras drogas.

A entidade comprométese coas autoescolas a organizar unha sesión informativa destinada ao alumnado co fin de axudar a que sexan conscientes dos riscos da condución baixo os efectos do alcohol e doutras drogas, así como de facer entrega ao alumnado que participe no programa dun “Manual de bolsillo” que contén a información relevante sobre a seguridade viaria e o impacto na mesma do consumo de alcohol e outras drogas.

Fuente: Que Pasa na Costa

Comparte esto:

Vieiro impulsa el programa «Cambio de sentido» para las autoescuelas

Previous article

VIEIRO E AUTOESCOLAS DE CARBALLO POÑEN EN MARCHA O PROGRAMA “CAMBIO DE SENTIDO”

Next article

You may also like

Comments

Leave a reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

More in Hemeroteca