ActosActualidadHemerotecaNoticias vieiroNovedades

VIEIRO E AUTOESCOLAS DE CARBALLO POÑEN EN MARCHA O PROGRAMA “CAMBIO DE SENTIDO”

0

Directivos de Vieiro presentaron na noite de onte o programa destinado as autoescolas “Cambio de Sentido” e un programa gratuito que será impartido nos centro de Educación Vial. 

Diversas estatísticas sinalan que o consumo excesivo de alcohol e outras drogas é un factor que contribúe de forma decisiva ao incremento dos accidentes, sendo éstes, a primeira causa de mortalidade entre os mozos/mozas/as entre 17 e 24 anos.

Ante esta realidade, a Asociación Vieiro dentro da súa programación oferta un programa preventivo xuvenil para levar a cabo nas autoescolas denominado, “Cambio de sentido”. Este programa está destinado a mozos/as en proceso de obter o carnet de conducir tendo como obxectivo, concienciar ás/aos futuros condutores/as do risco que leva aparellado o binomio condución-consumo de drogas, polo que consideramos moi importante reducir comportamentos de risco relacionados co consumo de alcohol e outras drogas. axudar aos mozos/as que sexan conscientes dos riscos da condución baixo os efectos do alcohol e doutras drogas. 

Obxectivo que se concreta nun dobre compromiso:

 1.- Reducir a porcentaxe de conductores/as falecidos/as en accidentes de tráfico no que se detecta a presenza de alcohol ou outras drogas.

2.- Reducir o número de conductores/as menores de 30 anos falecidos en accidentes de circulación estando baixo a influenza do alcohol e outras drogas. 

Para cumprir estes obxectivos a Asociación Vieiro porá en marcha este programa nas autoescolas do concello de Carballo que se adheriron ao mesmo, a semana próxima según o seguinte calendario:

 

Autoescola Benigno, terá lugar o venres día 20 de xullo ás 11:00 horas,

Autoescola Carballo o xoves día 19  ás 11:00 horas e na

Autoescola Alvespa, tamén o xoves día 19  ás 17:30 horas

 

Asi mesmo Vieiro fará entrega ao alumnado participante no programa dun Manual de bolsillo: “Lévao contigo” e dun disco: “Contrólate se bebes”  que contén a información relevante sobre a seguridade viaria e o impacto na mesma do consumo de alcohol e outras drogas.

 A Asociación Vieiro, agradece profunda e sinceiramente a excelente disposición, interese e colaboración das autoescolas participantes, así como todas  as facilidades dadas polos responsables destas entidades para poder levar a cabo este programa xa que sin eles/as non sería posible levar a cabo o noso traballo.

 Este programa é totalmente gratuíto. Está subvencionado polo Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Vieiro axuda aos moz@s carballeses a sacar o carnet de conducir

Entrada anterior

En marcha el programa «Cambio de sentido», de Vieiro, en las autoescuelas

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Actos