Hemeroteca

Vieiro incita aos alumn@s da Ponte do Porto a construír o seu mundo sen adiccións

0
Foto: de esquerda a dereita: Mariví Mouzo (directora centro), Sandra Ínsua (concelleira SS.SS. Camariñas), Miriam Romero (educadora social de Vieiro) e Silvia Lijó (profesora do centro).
Foto: de esquerda a dereita: Mariví Mouzo (directora centro), Sandra Ínsua (concelleira SS.SS. Camariñas), Miriam Romero (educadora social de Vieiro) e Silvia Lijó (profesora do centro).

27 marzo  2018    Redacción

Mariví Mouzo (directora centro), Sandra Ínsua (concelleira SS.SS. Camariñas), Miriam Romero (educadora social de Vieiro) e Silvia Lijó (profesora do IES Pedra da Aguia) na porta o centro camariñán

Abriu as portas o activo IES Pedra da Aguia, da Ponte do Porto, a unha nova charla fóra dos libros. Foron as responsables da Asociación Vieiro a que, no marco do Programa de Prevención escolar, comezaba o programa de Habilidades Sociais: Constrúe o teu mundo. Un programa impulsado e subvencionado Polo Concello de Camariras a través da Concellería de Sevizos Sociais.

Mozos e mozas de entre 12 e 16 anos (1º, 2º, 3º e 4º da ESO) participan neste programa, que se levará a cabo durante o que o terceiro trimestre do curso escolar 2017-2018, e que está dividido en tres bloques, :

  • 1.- Acompáñote: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais e ten como obxectivo fundamentar o de proporcionar aos alumnos/as as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria.
  • 2.- Des-conecta: con 2 sesións que teñen como finalidade dotar de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable.
  • 3.- Ti elixes no que se traballan 2 sesións a través das que se pretende facilitar información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os nenos/as podan tener acceso.

A profesional Miriam Romero Traba será a encargada de dar as sesións semanais de 55 minutos

Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

fuente: Que Pasa na Costa

VIEIRO, CONCELLO DE CAMARIÑA E O I.E.S. PEDRA DE AGUIAR DESENVOLVEN O PROGRAMA  “CONSTRÚE O TEU MUNDO”

Entrada anterior

Programa de habilidades sociais impartido por Vieiro.

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Más en Hemeroteca