Hemeroteca

Vieiro pon en marcha o programa de prevención deportiva “Xogo Limpo”

0
Cedida.

A Asociación Vieiro de Carballo pon en marcha un ano máis o programa de prevención deportiva “Xogo Limpo”, enmarcado na súa programación no ámbito xuvenil para a prevención de condutas adictivas relacionadas co consumo de substancias e o mal uso das novas tecnoloxías.

A entidade ofrece este programa aos clubs deportivos carballeses, que consta de sesións informativas e formativas tanto para xogadores/as como para os/as adestradores/as, persoal técnico e responsables do club.

As sesións destinadas aos/as xogadores/as serán adaptadas a cada grupo de idade e versarán sobre o abuso de substancias e o mal uso das novas tecnoloxías. En canto ás sesións destinadas ao persoal técnico, adestradores e directivos profundarase nas pautas de detección de adicción entre os seus xogadores/as, co fin de que actúen de mediadores na detección de situacións de risco.

Este programa ten como finalidade o dotar de información real e veraz do consumo de substancias, os seus efectos e consecuencias e sobre o mal uso das novas tecnoloxías que poden derivar en problemas de adicción e outras situacións conflitivas como o ciberbullying, roubo de datos, estafas, etc. Trátase de potenciar os factores de protección que doten aos participantes de maior coñecemento e habilidades e de resistencia á presión de grupo de iguais tan significativa nestas etapas evolutivas.

A Asociación Vieiro de Carballo convida a todos os clubs deportivos que desexen participar nesta iniciativa póñanse en contacto con esta Asociación (981.75.61.61) para determinar datas e horarios para a súa implantación no club.

Fuente: NH Diario>https://nhdiario.es/vieiro-pon-en-marcha-o-programa-de-prevencion-deportiva-xogo-limpo/?lang=gl

Vieiro pone en marcha su programa «Juego Limpio».

Entrada anterior

Vieiro forma aos monitores deportivos en prevención de condutas aditivas

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Hemeroteca