HemerotecaNoticias vieiro

Vieiro xa imparte os seus cursos de habilidades sociais nos colexios de Carballo

0

8 Oct 2018Redacción

Facebooktwittergoogle_plusEmpezou outubro e a Asociación Vieiro estreou o Programa de Prevención Escolar nos colexios de Carballo. Os alumn@s de A Cristina, San Luís Romero, Fogar, Bergantiños, Gándara-Sofán, Canosa-Rus, Nétoma-Razo e Artai recibiron xa as primeiras sesións da man das formadoras e psicólogas da entidade.
O programa de Habilidades Sociais “Constrúe” está destinado a alumnos e alumnas entre 10 e 11 anos comprendidos nos cursos 5º e 6º de Primaria, e está dividido en tres bloques:1.- Acompáñote: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais e ten como obxectivo fundamental: Proporcionar aos alumnos/as as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria

2.- Des-conecta: con 2 sesións que teñen como finalidade: Dotar de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable

3.- Ti elixes: no que se traballan 2 sesións a través das que se pretende Facilitar información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os nenos/as podan tener acceso.

O programa Constrúe levarase a cabo durante o primeiro trimestre do curso escolar 2018-2019. As sesión terán unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha e será impartido polas profesionais: Miriam Romero Traba (educadora social), Dalila Vizcaíno Pereira (pedagoga) e Patricia Rodríguez Villar (psicóloga).

Fuente: Que Pasa na Costa

Las drogas legales ya generan más demanda asistencial que las ilegales

Entrada anterior

PRESENTACION  «ESCUELA DE PADRES/MADRES» DE VIEIRO

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Hemeroteca