05/12/2019
Novedades


Programa de prevención deportiva: XOGO LIMPO (02-05-2018)

Redacción, Dentro da programación de prevención no ámbito xuvenil que ASOCIACION VIEIRO realiza a través do Programa de prevención deportiva: XOGO LIMPO, terán lugar unas xornadas preventivas de condutas aditivas relacionadas co consumo de sustancias e o uso das novas tecnoloxías destinadas a xogadores/as da categoría cadete e xuvenil en colaboración co clube deportivo ESCOLA BSKET XIRIA.

Vieiro ten previsto unha serie de obradoiros teórico-prácticos con todos os clubes deportivos do Municipio de Carballo. A primeira intervención terá lugar hoxe mércores día 2 de maio na Biblioteca Municipal Rego da Balsa ás 18:30 horas e será impartida pola educadora social de Vieiro, Miriam Romero Traba.

Neste obradoiro abordarase a prevención do consumo de sustancias e a potenciación de habilidades de resistencia á presión de grupo de iguais tan significativa nestas idades. Este obradoiro terá unha duración aproximada de 1:30 horas. Este programa é totalmente gratuíto e está subvencionado polo Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Dentro deste programa Vieiro impartirá outro obradoiro para a semana próxima, con data sen determinar destianda a xogadores/as e versará sobre o uso das novas tecnoloxías e do perigo das redes sociais.

Así mesmo ten previsto levar a cabo xornadas formativas para directivos/as, adestradores e persoal técnico sobre pautas de actuación ante a detección de condutas adictivas e o uso das novas tecnoloxías e o perigo das redes sociais.

A ASOCIACION VIEIRO, agradece profunda e sinceiramente a excelente disposición de todos os CLUBES DEPORTIVOS, así como todas as facilidades dadas polos equipos directivos e adestradores para poder levar a cabo este programa.

# Enlace permanente a esta noticia
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo o para añadir a favoritos.
fuente: Redacción >>