Google
 Novedades
 Noticias Vieiro
 Información sobre Vieiro
 Dónde estamos
 Saludas
 Actividades
 Servicios
 Nuestras Asociaciones
 Premios y galardones
 Reconocimentos
 Recortes de Prensa
 Gente contra la droga
 Revista
 Publicaciones
 Galerías
 Enlaces
 Estado de cuentas
 Hazte socio
 Infórmate
 Contacto

S. M. La Reina
Xunta de Galicia
Diputación Coruña
Alcalde de Carballo
Alcalde Laracha
Alcalde de Cabana
Alcalde Laxe
Alcalde Coristanco
Alcalde Malpica
Alcalde Ponteceso
18/11/2018
Busca noticias: 
Vista de Impresión


Novedades


VIEIRO OFERTA O PROGRAMA “Cambio de sentido” AS AUTOESCOLAS (15-06-2018)



REDACCION. Diversos estudos e estatísticas sinalan que a falta de habilidades de manexo dos vehículos xunto ao consumo excesivo de alcohol e outras drogas son factores que contribúen de forma decisiva ao incremento dos accidentes, sendo éstes, a primeira causa de mortalidade entre os mozos/mozas/as entre 17 e 24 anos.

Ante esta realidade, a Asociación Vieiro dentro da súa programación leva a cabo un programa preventivo no ámbito xuvenil, “Cambio de sentido”, destinado a mozos/as en proceso de obter o carnet de conducir nas diferentes autoescolas do Municipio de Carballo. Este programa, ten como obxectivo, concienciar ás/aos futuros condutores/as do risco que leva aparellado o binomio condución-consumo de drogas, polo que consideramos moi importante reducir comportamentos de risco relacionados co consumo de alcohol e outras drogas.

Obxectivo que se concreta nun dobre compromiso:

1.- Reducir a porcentaxe de conductores/as falecidos/as en accidentes de tráfico no que se detecta a presenza de alcohol ou outras drogas.

2.- Reducir o número de conductores/as menores de 30 anos falecidos en accidentes de circulación estando baixo a influenza do alcohol e outras drogas.

Para cumprir estes obxectivos a Asociación Vieiro ofrece a oportunidade de impartir nas autoescolas o programa: “Cambio de sentido” a través dunha unha sesión informativa destinada ao alumnado co fin de axudar a que sexan conscientes dos riscos da condución baixo os efectos do alcohol e doutras drogas, así como de facer entrega ao alumnado que participe no programa dun “Manual de bolsillo” que contén a información relevante sobre a seguridade viaria e o impacto na mesma do consumo de alcohol e outras drogas..

Este programa é totalmente gratuíto e está subvencionado polo Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

As autoescolas interesadas na implementación deste programa poden poñerse en contacto na seguinte dirección:

ASOCIACIÓN VIEIRO R/ Vázquez de Parga, 119
Bloque 4 baixo dereita 15100 CARBALLO
Tlf. 981.75.61.61 e-mail: vieiro@vieiro.org

# Enlace permanente a esta noticia
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo o para añadir a favoritos.
fuente: La Voz de Galicia >>
 



Patrocinan: