18/11/2019
Noticias Vieiro


Vieiro y la Policia Nacional educan a los escolares contra las drogas (17-03-2005)




Carballo, Onte mércores día 16 de marzo, ás 11 horas, na sala de proxeccións o alumnado de 6º nivel do colexio bergantiños asistiu a unha charla informativa de prevención de drogodependencia impartida por inspectores da Policía Nacional da Coruña do Grupo de Formación e Axuda ós Xoves e un representante da Asociación Vieiro.

Esta actividade encádrase no programa de “Educación para a Saúde” que desenvolve o Colexio ó longo do ano. Outras actividades foron un curso de habilidades de vida que se impartiu para o alumnado de 6º nivel durante o 1º trimestre en colaboración coa Asociación Vieiro. Está prevista a celebración da “Semana da Saúde” desenvolvendo actividades varias dentro do proxecto “A Saúde: un enfoque transversal a educación do consumidor e a educación ambiental”. Este proxecto desenvolveuse ó longo de tres anos (este é o terceiro) e por medio del formamos parte da Rede Europea de Educación do Consumidor.

# Enlace permanente a esta noticia
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo o para añadir a favoritos.
Fuente: Ceip Bergantiños >>