Google
 Novedades
 Noticias Vieiro
 Información sobre Vieiro
 Dónde estamos
 Saludas
 Actividades
 Servicios
 Nuestras Asociaciones
 Premios y galardones
 Reconocimentos
 Recortes de Prensa
 Gente contra la droga
 Revista
 Publicaciones
 Galerías
 Enlaces
 Estado de cuentas
 Hazte socio
 Infórmate
 Contacto

S. M. La Reina
Xunta de Galicia
Diputación Coruña
Alcalde de Carballo
Alcalde Laracha
Alcalde de Cabana
Alcalde Laxe
Alcalde Coristanco
Alcalde Malpica
Alcalde Ponteceso
07/12/2019
Busca noticias: 
Vista de Impresión


Noticias Vieiro


A asociación antidroga Vieiro recibiu o premio Nécora en Vilagarcía. (25-11-2006)

A asociación antidroga Vieiro recibiu o premio Nécora en Vilagarcía.

A asociación antidroga Vieiro recibiu o premio Nécora en Vilagarcía.

O galardón foi concedido pola Fundación Galega contra o Narcotráfico

A entrega do recoñecemento tivo lugar onte na Casa de Cultura da capital de Arousa

A noite comezou cun foro de debate sobre o valor da educación na prevención do consumo de drogas, un feito no que leva anos insistindo a Fundación Galega contra o Narcotráfico e no que, pese a súa evidencia, as Administracións non acaban de tomar nota. De seguido, fíxose a entrega de premios ante unha abarrotada casa da cultura de Vilagarcía.

As Nécoras, o galardón que entrega a Fundación aos que máis se destacaron cada ano na loita contra a droga, foron a parar ao programa A Fondo, de Antena 3 Televisión, polas súas reportaxes sobre as novas redes de traficantes e os traballos das forzas de orde. Tamén resultou premiada a Asociación Vieiro, de Carballo, que emprendeu múltiples actuacións nunha zona especialmente problemática como é Bergantiños e a Costa da Morte. Actualmente, distínguese polo seu labor no campo da prevención, con programas sociais nos colexios, atención ás familias e aos drogodependentes. O párroco de Cambados, José Aldao Rey, tamén recibiu un Nécora pola súa coñecida sensibilidade co problema das drogodependencias, que se acentuou despois dos axustes de contas vividos en Cambados.

O último dos premios da gala foi, a título póstumo, para o que fora capitán marítimo de Vilagarcía, Roberto Rietz López, que no seu cargo precintou planeadoras, naves destinadas ao almacenamento destas embarcacións e executou múltiples accións, chegando a ser un pesadelo para os narcotraficantes. Por elo, tivo que soportar en non poucas ocasións as súas habituais ameazas.

# Enlace permanente a esta noticia
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo o para añadir a favoritos.
 



Patrocinan: