HemerotecaNoticias vieiro

Home cocainómano de entre 19 e 29 anos, o perfil máis tratado por Vieiro

0

REDACCIÓN 28/01/19

Xose Mª Aran Vicepresidente e Mª del Pilar Mata secretaria de la Asociación Vieiro deron a coñecer o balance correspondente ao ano 2018 do Servizo de Información, Atención e Asesoramiento, un programa que proporciona axuda sobre calquera aspecto relacionado cos problemas derivados de condutas adictivas e o seu tratamento. Os resultados mostran que foron atendidas en Vieiro un total de 177 demandas presenciales e telefónicas, procendentes de todos os concellos entre A Coruña e Fisterra.

Un 70% homes

En referencia ás persoas que demandaron tratamento durante o ano 2018, un 70% foron homes, seguido dun 15% de mulleres e outro 15% de menores, dos que o 90% son chico e o 10% mozas.

Máis Cocaína

A cocaína foi a sustancia máis consumida por parte das persoas que requiriron tratamento cun 30% dos casos derivados, seguida do cannabis e alcohol cun 25% respectivamente. O terceiro lugar correspóndese cun 10% de casos de ludopatía, seguido pola heroína e o tabaco cun 5%.

DE 19 A 29 ANOS

As idades das persoas derivadas a tratamento abarcan un amplo tramo de idade que comprende entre os 15 e os 60 anos. Diferenciando por grupos de idade, obsérvase que a maior parte das persoas derivadas atópanse na franxa comprendida entre os 19 e 29 anos de idade cun 40%, seguida por un 20% de persoas de entre 30 e 39 anos, un 15% menores de 18 anos, 5% idades de 40 a 50 anos e outro 15% restante formado por de 51-59 anos. 60-65 5% En canto aos centros aos que foron derivados as persoas que demandaron tratamento, 11 acudiron a Proxecto Home, 7 á UCA de Carballo e 2 a Centro Reto.

Fuente: A Nosa Costa

Consumo de sustancias y ludopatía acapararon las consultas a Vieiro

Entrada anterior

PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIOEMOCIONALES

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Hemeroteca