ActualidadNoticias vieiroNovedadesVieiro

PROGRAMA DE PREVENCION ESCOLAR NOS C.E.I.P.S de CARBALLO

0
MIRIAM ROMERO TRABA (educadora social), DALILA VIZCAÍNO REGUEIRA (pedagoga) e PATRICIA RODRIGUEZ VILLAR (psicóloga).

Carballo – Redacción.

ASOCIACION VIEIRO dentro do PROGRAMA DE PREVENCION ESCOLAR inicia hoxe nos C.E.I.P.S de Carballo: A CRISTINA, SAN LUIS ROMERO, FOGAR, BERGANTIÑOS, GANDARA-SOFAN, CANOSA-RUS, NÉTOMA-RAZO e ARTAI o programa HABILIDADES SOCIAIS: “CONSTRÚE” destinado a alumnos e alumnas entre 10 e 11 anos comprendidos nos cursos 5º y 6º de EDUCACION PRIMARIA.

Este programa está dividido en tres bloques:

1.- Acompáñote: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais e ten como obxectivo fundamental:

  • Proporcionar aos alumnos/as as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria

2.- Des-conecta: con 2 sesións que teñen como finalidade:

  • Dotar de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable

3.-  Ti elixes no que se traballan 2 sesións a través das que se pretende

  • Facilitar información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os nenos/as podan tener acceso.

O programa Constrúe levarase a cabo durante o primeiro trimestre do curso escolar 2018-2019. As sesión terán unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha e será impartido polas profesionais: MIRIAM ROMERO TRABA (educadora social), DALILA VIZCAÍNO REGUEIRA (pedagoga) e PATRICIA RODRIGUEZ VILLAR (psicóloga).

A ASOCIACION VIEIRO, agradece profunda e sinceiramente a excelente disposición de todos os CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA, así como todas  as facilidades dadas polos equipos directivos e profesorado para poder levar a cabo este programa.

Este programa esta financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

 

Las drogas legales ya generan más demanda asistencial que las ilegales

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Actualidad