HemerotecaNoticias vieiroVieiro

Vieiro reactiva o servizo de denuncias antidroga “Ti cooperas se denuncias”

0
bdr

En colaboración ca Garda Civil, a Asociación Antidroga Vieiro vén de reactivar un servizo que pode ser moi útil para seguir loitando contra o tráfico e venda de drogas ilegais así como venda a menores de drogas legais.

”Ti cooperas se denuncias” xa está a dispisición de todos os veciños da comarca de Bergantiños e da zona, e serve para trasladar denuncias, comentarios e aportacións para poder erradicar puntos de venda, así como a venda habitual de drogas. Este servizo consistirá en poñer a disposición da cidadanía unha ferramenta que evite que se teñan que trasladar esta información en persoa ás forzas de seguridade, xa que moitas veces por receo a posibles represalias ou polas molestias burocráticas e xudiciais, fan que non se presenten ás forzas de seguridade as denuncias ou informacións que facilitarían o seu traballo.

Por este motivo Vieiro xestionara toda a información que reciba dun forma totalmente anónimo. Para este fin vieiro pon a disposición varias vías para contactar, a telefónica 981756161, mediante correo electrónico vieiro@vieiro.org ou a presencial nas dependenciasde vieiro na rúa Vázquez de parga 119 Bloque 4-Baixo Derechade Carballo.

Reunións ca Garda Civil

Para poñer en marcha este servizo, a Presidenta, o Vicepresidente, a Secretaria e a Técnica de Vieiro reuníronse na sé da entidade co Tenente Xefe do Posto da Guardia Civil de Carballo. Estiveron co Tenente Xefe do Posto Principal de Carballo da Benemérita para trasladarlle as denuncias e informacións sobrela venda de drogas na localidade de Carballo e Comarcas. Un encontro no que se fixo un repaso sobre o estado de seguridade e acciones en esta temática como o traslado dos casos que ten gestionado Vieiro e dos que recibiu pola cidadanía.

Estes encontros manteranse periodicamente co teniente responsable do posto. Así mesmo, se lle trasladou ao Xefe do Posto o agradecimiento pola colaboración prestada aesta entidade pola coordinación mantida de membros da garda civil cos técnicos de vieiro para levar a cabo distintas intervencións tratando de aunar esforzos para intensificar as medidas preventivas nas familias a través de charlas en escolas de pais/nais nas que se incluíron algúns temas como acoso escolar, o uso indebido das novas tecnoloxías, etc.

 

fuente: Que Pasa na Costa

Un 40% dos nenos de Carballo probaron o alcohol aos 8 anos… cas súas familias

Entrada anterior

VIEIRO REACTIVA EL SERVICIO DE DENUNCIAS  «TÚ COOPERAS SIDENUNCIAS» EN COLABORACION CON LA GUARDIA CIVIL

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Más en Hemeroteca