ActosActualidadHemerotecaNoticias vieiroNovedades

100 pais e nais aprenden con Vieiro a importancia da prevención

3 ABR 2017    REDACCIÓN

Facebooktwittergoogle_plus

Membros da Escola de Pais e Nais de Vieiro da Casa da Xuventude do IES Parga Pondal

Membros da Escola de Pais e Nais de Vieiro da Casa da Xuventude do IES Parga Pondal

Que importante é educar con orde para previr as caídas no mundo das drogas. E precisamente por iso, a Asociación Vieiro, ademais de traballar directamente con mozos e mozas, tamén o fai coas sáus familias. Son 10 as escolas de Pais e Nais abertas no Concello de Carballo (dúas en Rus, dúas en Razo e tres en Carballo), cunha participación de case 100 persoas, entre elas, pais, nais, titores e persoas con responsabilidade familiar.

Son encontros semaiais ou quincenaios, nos que a entidade reitera a importancia da prevención do ámbito familiar. Son un instrumento para propiciar aos pais e nais a información e a formación necesarias a través do coñecemento de distintas ferramentas e orientacións que permitan enfrontar con maior capacidade a tarefa de soportar unha familia.

Dende Vieiro son conscientes de que non existen nin as ferramentas necesarias para este traballo, nin un manual de instrucións para afrontar cada situación, polo que os asistentes das escolas de pais/nais durante as distintas sesións intercambian experiencias e reflexionan para depurar hábitos incorrectos, co fin de mellorar a calidade educativa na familia.

Desde Vieiro consideran que “é fundamental intervir desde a base e deste xeito traballar para unha sociedade futura máis saudable para todos. Os nenos/as e os mozos son o noso futuro social e ofrecer formación aos responsables da súa educación pensamos que é investir nun futuro mellor para a nosa sociedade”.

fuente: Que Pasa na Costa

Comparte esto:

Vieiro axuda a adolescentes de Carballo a coñecer e xestionar as súas habilidades socioemocionais

Previous article

FIRMA CONVENIO JURIDICO XUNTA Y VIEIRO

Next article

You may also like

Comments

Leave a reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

More in Actos