foto: Jorge Mira, Físico. Catedrático de electromagnetismo de la Universidad de Santiago de Compostela (*).
GALICIA, Vén de celebrarse o primeiro congreso internacional en Galicia sobre o cannabis. É notable o contraste entre a percepción pública sobre esta droga (considerada inocua por algunha xente) e a contundencia da ciencia á hora de alertar sobre os seus riscos.
Como actúa o cannabis? O corpo humano é un circuíto eléctrico andante, conectado por interruptores que son como pechaduras que se activan ao introducir a chave correcta: os neurotransmisores. O cannabis contén unha molécula coa forma de dúas desas chaves: é dicir, encaixa nalgunhas pechaduras naturais dese circuíto eléctrico e faino funcionar dunha maneira anómala. De aí veñen os efectos do cannabis sobre o funcionamento do noso cerebro. Afortunadamente non interfire coas pechaduras no bulbo raquídeo, que controlan o corazón e a respiración, así que non se morre por sobredose de cannabis (de aí a falsa sensación de inocuidade). Algo tamén evidente nos estudos científicos é que lle afecta máis a unhas persoas que a outras. Para certas variantes xenéticas, o consumo do cannabis na adolescencia multiplica ata por sete o risco de trastornos psicóticos e por máis de dous o de esquizofrenia antes dos 26 anos.
Cómpre dicir que hai algunhas aplicacións terapéuticas, para certas enfermidades e só baixo receita médica. A toma prescríbese en pílulas, aceites ou sprays, pero nunca fumada. Ao fumar un porro quéimanse os chamados terpenos, que son coma o alcatrán nos pitillos e causan danos no noso pulmón. Téñano claro: o porro é máis perigoso que o xa perigoso pitillo.
* Jorge Mira
Físico. Catedrático de electromagnetismo de la Universidad de Santiago de Compostela. Ha recibido varios premios a nivel gallego y español por sus investigaciones en física de materiales, nanotecnología y sistemas sociales. Desde finales de los años 90 es también divulgador científico, con una actividad centrada sobre todo en prensa, radio, televisión y la organización de acciones con Premios Nobel.
Comments