Que importante facer prevención contra a drogadicción dende as propias aulas, cara a cara cos alumnos. Pero que importante tamén ter aos pais e as nais ben aprendidos.
Por iso, a Asociación “Vieiro” dentro da programación de prevención no ámbito familiar, convoca a Escola de Pais e Nais a través de todos os CEIP e I.E.S. do concello de Carballo, ao igual que en anos anteriores co fin de informar e formar a pais e nais á hora de desempeñar a labor de educadores.
Este curso é totalmente gratuíto e poderano solicitar aquelas ANPAS, centros educativos ou asociacións que consigan formar un grupo como mínimo de 15 persoas. Tamén poderán solicitalo os pais e nais a nivel persoal.
Este programa -que está patrocinado pola Consellería de Sanidade a través do Servizo de Prevención de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia -será impartido por psicólogas desta Asociación nas instalacións do centro educativo que así o solicite, ou en caso contrario, nun local que Vieiro destinaría ao efecto para impartir o mesmo.
Entre algún dos contidos deste cursos figuran: autoestima, resolución de conflitos, normas e castigos, redes sociais e internet, hábitos e técnicas de estudo, límites e autoridade positiva, prevención das adiccións, estilos educativos…
A duración do curso será de 8 meses (de outubro a maio) con clases presenciais quincenais dunha hora e media de duración. O prazo de inscripción finaliza o próximo día 31 de Outubro e farase na Asociación Vieiro ou no colectivo a donde pertenezan. Para calquera dúbida poden poden chamar ao 981756161.
Comments