HemerotecaNoticias vieiro

A Escola de Pais e Nais de Vieiro arrincará en novembro

0
Responsables de Vieiro

15 Oct 2018Redacción

Facebooktwittergoogle_plus

De novembro a maio estará en funcionamento a Escola de Pais e Nais da Asociación Antidroga Vieiro. Así o anunciaban as responsables da entidade, no marco do programa familiar. Un programa aberto a todos/as os/as pais/nais interesados/as e responsables familiares, co único requisito de que se forme un grupo de polo menos 15 persoas. Os días e as horas do curso consensuaranse co profesional responsable do programa.

Serán sesións presenciais quincenais cunha duración de 1, 5 horas cada unha, nos que se informará e formará aos pais á hora de que estes poidan desempeñar con garantía o labor de educadores/as sobre todo en temas relacionados coa educación persoal e social.
Trataranse en talleres de Habilidades persoais e sociais – Disciplina positiva – Violencia – Condutas adictivas. – Sexualidade. -Os estudos. – Comunicación familiar.

As persoas interesadas en participar nestas escolas poden anotarse no teléfono de contacto da Asociación 981756161.

 

Fuente: Que Pasa na Costa

Comparte esto:

Comments

Comments are closed.