Hemeroteca

Contos da horta para traballar a maduración psicoafectiva e previr condutas de risco na adolescencia

Cedida.
Redacción
Redacción: 10/ 02/20

A psicologa de Vieiro, Patricia Rodríguez Villar, leva os contos da horta aos coles.

Contos da horta para traballar a maduración psicoafectiva e previr condutas de risco na adolescencia.

Aos 8 ou 9 anos, as nenas e os nenos aprenden a pensar por si mesmos e a actuar de xeito independente. É fundamental nesta etapa apoiar esa maduración psicoafectiva para resistir con máis afouteza a presión grupal na adolescencia, e evitar así caer en condutas de risco.
Unha das chaves é aprender a identificar as emocións, coñecer os sentimentos, e saber expresalos sen medo, así como respectalos.

Eses son obxectivos principais do novo programa escolar da Asociación Vieiro. A entidade comezaba a semana pasada no CEIP Bergantiños de Carballo o programa “Na Horta cos meus amigos/as“. O alumnado de 3º e 4º de Primaria recibiron á psicóloga Patricia Rodríguez Villar, que chegou cargada de contos.

Contos especiais nos que os protagonistas son hortalizas, e onde se relatan situacións persoais que requiren unha solución e que son similares ás que viven os nenos nesta etapa evolutiva.
A través destes contos trabállanse de forma lúdica diferentes temas: os medos, as burlas, os prexuizos e a discriminación, as mentiras, as trampas, os celos, os castigos inxustos, as diferenzas físicas e culturais, a presión de grupo, a resolución de problemas e a identificación de emocións, entre outros.

Con esta iniciativa trátase de potenciar os factores de protección: autoestima, responsabilidade, autonomía, afrontamiento, aceptación da diferenzas, regulación de emocións, etc., e de anular/reducir os factores de risco co fin de que estean preparados/as, protexidos/as e en condicións de rexeitar a oferta de consumo de sustancias, á que probablemente veranse expostos/as na adolescencia.

Fuente: Que pasa na costa https://www.quepasanacosta.gal/articulo/carballo/contos-da-horta-maduracion-psicoafectiva/20200210100126117276.html

https://www.quepasanacosta.gal/articulo/carballo/contos-da-horta-maduracion-psicoafectiva/20200210100126117276.html

Comparte esto:

¿Cuáles son las grandes empresas que operan en el mercado del cannabis medicinal en España?

Previous article

Balance año 2019 Servicio de Atención Jurídica de Vieiro

Next article

You may also like

Comments

Comments are closed.

More in Hemeroteca