Hemeroteca

Publicado o número 87 da revista Vieiro, e unha web renovada e moi dinámica

0

Foto- Vieiro.

  • A publicación pode consultarse on-line con moi boa calidade en formato PDF a través da ligazón https://vieiro.org/

Xa case pasaron dúas décadas desde que a Asociación Vieiro presentase o seu primeiro espazo web no ano 2001, o cal no ano 2004 foi sometido a unha renovación con novas modificacións e apartados e sobre todo autonomía, evitando custos de actualización. Os tempos van cambiando e o constante avance da tecnoloxía, con novos deseños, novas ferramentas, redes sociais e o audiovisual permitiron poder crear novos soportes web moito máis vistosos, operativos e funcionais. Vieiro decidiu poñelos en práctica neste ano 2020 coa presentación dunha nova web, creada pola empresa Obradoiros.

Os obxectivos son os mesmos dos seus principios, “achegar a información a canta máis xente mellor e que a propia páxina web sexa unha gran tarxeta de presentación e fondo documental das actividades da Asociación”. “Con esta nova aposta queremos optimizar os recursos e ofrecer un novo formato actualizado en deseño aos tempos actuais, ao longo deste ano queremos completar e ampliar a web con novos contidos, seremos nós mesmos os xestores da páxina, dos seus contidos e actualizacións”, informan desde Vieiro.

Pulsa sobre a seguinte ligazón para ver a revista en PDF:

https://vieiro.org/wp-content/uploads/2020/04/Vieiro87.pdf

 

Fuente: NH Diario

Comparte esto:

Comments

Comments are closed.