ActualidadHemerotecaPortada

PRENSA. TVG 24H – A Garda Civil busca os responsables dun incendio provocado en Carballo

12/10/2020: PRENSA

A Garda Civil busca os responsables dun incendio provocado en Carballo

Publicado o 12/10/2020 15:44
     VER VIDEO

A Garda Civil busca os responsables dun incendio provocado que estragou a sede da Asociación de loita contra a droga en Carballo.

Os seus responsables non atopan unha explicación a este suceso. Levan máis de 20 anos nestas dependencias e aquí tiñan toda a documentación deste tempo.

Saben que o asaltante ou asaltantes forzaron a porta e plantaron lume ao despacho principal onde gardaban o arquivo. Agora piden a colaboración de administracións e institucións para seguir desenvolvendo os seus programas de axuda a toda a comrca de Bergantiños.

Forzaron primero a reixa do local e logo botaron abaixo a porta que da acceso Ás oficinas. Unha vez no interior buscaron por armarios e caixóns pero o asaltante ou
asaltantes non atoparon nada de valor.

A rápida actuación dos bombeiros evitou que o lume se propagara. Pero a combustión estragou por completo o despacho central da asociación onde se guardaban os arquivos de Vieiro.

A Garda Civil abriu unha investigación para dar cos responsables. Pero a principal preocupación dos directivos da entidade é a continuidade do seu labor. Piden a colaboración para seguir prestando aopio a toda a comarca de Bergantiños.

Fuente: TVG 24H

Comparte esto:

PRENSA: Que pasa na costa – Prenden lume ás instalaciós de Vieiro

Previous article

PRENSA: El Correo Gallego – Asaltan e incendian la sede de la Asociación Vieiro en Carballo

Next article

You may also like

Comments

Comments are closed.

More in Actualidad