ActualidadHemerotecaPortada

PRENSA: O CORREO DE BERGANTIÑOS. Vieiro aposta por crear saúde dende as escolas en Carballo

PRENSA: O CORREO DE BERGANTIÑOS 02/11/2020
formación. Escolares de 10 e 11 anos de tres centros educativos participan nun programa de habilidades persoais e sociais // Infórmanlles sobre as substancias adictivas e como facer un uso responsable das novas tecnoloxías TEXTO J. Ramos 02 NOV 2020 / 20:30

Vieiro aposta por crear saúde dende as escolas en Carballo

A Asociación Vieiro, de Carballo, vén de poñer en marcha un novo programa de habilidades sociais, que ten como lema ‘Creando saúde’, dirixido aos centros de educación primaria do municipio.

Trátase dun proxecto de prevención escolar que, de xeito gratuíto, se está desenvolvendo xa nos CEIP A Cristina, San Luis Romero e Nétoma-Razo. Nel participan alumnas e alumnos de 10 e 11 anos dos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria.

O programa está dividido en tres bloques. O primeiro, chamado ‘Construye’, consta de catro sesións adicadas ás habilidades persoais e sociais e “ten como obxectivo fundamental proporcionar aos alumnos e alumnas as habilidades necesarias para que poidan desenvolver a súa vida diaria”, afirma Xosé María Arán, vicepresidente de Vieiro.

No segundo bloque, que ten como lema ‘Tú eliges’ e inclúe dúas sesións, ofrécenlles aos escolares información sobre as diferentes substancias adictivas ás que os nenos e nenas poden ter acceso. E o terceiro, que leva por título ‘Des-conecta’, ten como principal finalidade dotar aos rapaces e rapazas dos coñecementos básicos para utilizar as novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable, afirman dende a asociación.

As distintas actividades son impartidas e coordinadas por dúas técnicas de Vieiro: a pedagoga Dalila Vizcaíno Regueira e a psicóloca Patricia Rodríguez Villar.

O programa desenvolverase ao longo de todo o primeiro trimestre do actual curso escolar e as sesións teñen unha periodicidade semanal, cunha duración de cincuenta e cinco minutos cada unha delas.

Dende a Asociación Vieiro agradecen “a excelente disposición dos centros de educación primaria que participan, así como todas as facilidades dadas polos equipos directivos e profesorado para poder levar a cabo esta iniciativa, máis aínda en momentos complexos para todos”.

Cómpre lembrar que o labor de Vieiro está baseado fundamentalmente na prevención en todos os ámbitos: familiar, escolar, comunitario, xoves en idade de risco…

Nese marco, promove tamén unha Escola de Familias a través dos colexios e institutos do municipio, coa finalidade de informar e formar a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar á hora de desenvolver o labor de educadores. Comunicación e afecto, autoestima, xestión de emocións, promoción da responsabilidade nos fillos, estilos educativos, resolución de conflitos, disciplina positiva, etapas evolutivas, coeducación, técnicas de modificación de conducta, sexualidade, adiccións, técnicas de estudo e trastornos infantís e xuvenís son algúns dos contidos que abordan na mesma.

A asociación naceu en setembro de 1991 a partir dunha xuntanza en Carballo na que participaron representantes de centros culturais e deportivos, nais de afectados pola droga, amas de casa, comerciantes, empresarios e veciños en xeral interesados en constituir un colectivo coa fin de promover, axilizar, xestionar e fomentar todo tipo de axudas a persoas drogodependentes, ademais de traballar a prol da prevención. Actualmente conta tamén cun programa de axuda xurídica a persoas con problemas de drogodependencia e ás súas familias, a través do cal dan cobertura aos concellos da Costa da Morte, comprendidos entre A Laracha e Fisterra.

Vieiro ten asinados tamén convenios de colaboración coas universidades de Santiago e A Coruña e co colexio Tomás Barros, da cidade herculina, e coopera ademais co Plan de Galicia Sobre Drogas e co Concello de Carballo, do cal é entidade prestadora de servizos de prevención de drogodependencias.

Fuente: O Correo de Bergantiños

Comparte esto:

Vieiro inicia su programa de Habilidades Sociales «Creando Saúde»

Previous article

PRENSA: VOZ DE GALICIA. Aun con su sede destrozada, Vieiro sigue educando en prevención

Next article

You may also like

Comments

Comments are closed.

More in Actualidad