NOTICIAS: 07/11/2020
Vieiro iniciou a “Escola de familia” no centro social de Ramil-Rus
Por Lidia T.
- Nas actividades trataranse temas como a autoestima, a sexualidade ou as técnicas de estudo
A Asociación Vieiro de Carballo continúa co seu labor social para previr condutas aditivas, e faino a través de iniciativas como a Escola na familia, enmarcada dentro dos programas de prevención familiar.
As sesións, que se manterán ata o mes de maio, terán unha hora e media de duración, e nelas trataranse temas como a autoestima, a xestión de emocións, a disciplina positiva, as técnicas de estudo ou a sexualidade.
As primeiras clases tiveron lugar no centro social de Ramil-Rus, que se realizarán con periodicidade semanal en horario de 19:30 a 21:00 horas. Ademais, súmanse outros espazos como a sede actual de Vieiro, localizada na rúa Xazmíns nº 2, e a Casa da Xuventude.
Concretamente, na sede as actividades realizaranse o xoves 12 de novembro, de 17:30 a 19:00 horas e de 19:30 a 21:00 horas. Sete días máis tarde, o luns 16 de novembro, repetiranse as clases no primeiro horario. Mentres, na Casa da Xuventude a programación realizarase os seguintes luns, 23 e 30 respectivamente, en horario de 17:00 a 18:30 horas.
Máis información chamando ao 981756161.
Comments