PRENSA: 21-11-2020
Con motivo do Día Mundial sen Alcol, que se celebrou o pasado domingo 15 de novembro, a Asociación Vieiro desenvolveu durante a semana do 16 ao 20, unha serie de talleres no ámbito escolar baixo o lema: Bebendo Saúde, co fin de previr o consumo desta substancia e informar sobre dos problemas asociados. Os alumnos/as de 5º e 6º de educación primaria dos centros escolares de Carballo, foron os destinatarios destes talleres nos que se levaron a cabo distintas actividades para sensibilizar sobre os riscos e o perigo do consumo de alcol. Este programa é gratuíto. Está subvencionado polo Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Comments