ActualidadHemerotecaPortada

A Asociación Vieiro como amparo do individuo fronte ás drogas e outras adicións

Membros da directiva da Asociación Vieiro. Xosé María Arán Rodríguez, arriba á dereita. Foto: Vieiro

22/09/2020: NOTICIAS.

A labor da entidade básase fundamentalmente na prevención // Levan a cabo programas escolares e actuacións no ámbito familiar e laboral

A Asociación Vieiro –entidade prestadora de servizos de drogodependencias, adicións e saúde– naceu no ano 1991, en Carballo co obxectivo de promover todo tipo de axudas a persoas drogodependentes e xestionar todo o relacionado coa prevención, o uso e consumo de drogas. Previamente, representantes dos Centros Culturais e Deportivos, nais de afectados pola droga, Plataforma de Xuventude, comerciantes, así como público interesado no tema reuníranse para realizar unha serie de actividades de prevención, e posteriormente constituíron a Asociación. “Era unha época na que había unha problemática moi grande no municipio e na que todos os establecementos empezaron a poñer reixas”, conta Xosé María Arán Rodríguez, vicepresidente da Asociación Vieiro.

Estamos ante unha entidade privada sen ánimo de lucro constituida legalmente e “declarada de interese en materia de drogodependencias” pola Xunta de Galicia. Dende fai anos colabora co Plan de Galicia Sobre Drogas e o Concello de Carballo do cal é entidade prestadora de servizos en Prevención de Drogodependencias.

Naceu con varios fins que figuran nos estatutos, que redundan na defensa do individuo ao caer no mundo das drogas. “Daquela falábase das rías Baixas pero na Costa da Morte burlaba moito e a día de hoxe sigue habendo “, afirma. Naquel momento a xente carecía de información, de ahí o fin de informar e de ser unha entidade de denuncia contra o narcotráfico e todas as persoas que se adicaran a lucrarse do mesmo.

Imaxe de arquivo dunha intervención en centros centrolares. Foto: Vieiro

PREVENCIÓN EN TODOS OS ÁMBITOS. A entidade actúa sobre temas de drogodependencias pero abre o abanico a toda clase de adicións e problemas asociados á saúde. A labor de Vieiro básase fundamentalmente na prevención que abarca todos os ámbitos. Entre outros, levan a cabo programas escolares dende Educación Infantil ata Bacharelato, de carácter anual e diferente duración, en todos os IES de Carballo e nalgún outro municipio que o solicita. “A nosa área de influencia é o concello de Carballo e actuamos gratuitamente. Polos servizos que nos pida un municipio de fóra, só cobraremos o coste de desprazamento”, explica Xosé María Arán.

A maiores actúan no ámbito familiar a través de varias escolas de pais e nais repartidas por todo o municipio e dentro dos propios colexios. No ámbito laboral, realizan charlas principalmente nas empresas que llo solicitan, e tamén colaboran coas autoescolas para sensibilizar no tema da condución e drogas.

Ademais contan cun programa que é a Axuda Xurídica ao toxicómano e á familia que a Xunta de Galicia lles ten asignado para atender as poboacións comprendidas entre Laracha e Finisterre. “Calquera persoa que teña un problema legal derivado dun consumo ou patoloxías como a ludopatía pode acudir para recibir asesoramento e atención”, detalla.

PROFESIONAIS TITULADOS. Para desenvolver estas labores comentadas, a Asociación Vieiro conta con profesionais titulados: educadores sociais, psicólogos e avogados. A maiores está o equipo directivo do cal Xosé María é o vicepresidente. En Vieiro non teñen unidade asistencial e centro terapéutico. “Cando unha persoa ou familia acode a nós, primeiro ten unha consulta con psicóloga e se quere derívase a un centro”, explica. O catálogo de centros que ofrecen é o de entidades que están respaldadas polo Plan Nacional sobre drogas. “Dende aquí facémoslle seguimento a cada persoa para ver a recuperación, ben ata que acaba ou ata que abandona”, conta.

Ante calquera caso dende Asociación Vieiro manteñen un compromiso con determinados valores como o respeto, a tolerancia e a liberdade de cada individuo, onde por encima de todo está o diálogo.

Fuente: El Correo de Bergantiños

Comparte esto:

Terapia sustitutiva de nicotina, ¿cuándo y cómo debemos tomarla?

Previous article

Límites de consumo de bajo riesgo de alcohol 

Next article

You may also like

Comments

Comments are closed.

More in Actualidad