NOTICIAS:22.01.2025
A ASOCIACIÓN VIEIRO, dentro da súa programación de prevención no ámbito xuvenil, ofertou o Programa de prevención deportiva: “XOGO LIMPO” destinado a todos os clubes deportivos.
Redacción – A través deste Programa abórdanse as condutas aditivas relacionadas co consumo de sustancias e o uso das novas tecnoloxías.
Xogo Limpo está planificado para levar a cabo a través dunhas xornadas distribuidas en diferentes fases nas que se inclúen: sesións formativas para responsables dos clubes deportivos (directores/as, adestradores/as e persoal técnico) sobre pautas de actuación ante a detección de condutas aditivas e obradoiros destinados e adaptados aos xogadores/as das diferentes categorías.
Debido á situación provocada pola pandemia, este ano a Asociación Vieiro oferta este programa ademáis da modalidade presencial (respectando as restriccións sanitarias), a modalidade online, para reducir o risco de contaxio.
Nos obradoiros, de 1h e 30 de duración aproximada, abórdanse as temáticas adaptadas a cada grupo de idade para potenciar os factores de protección
fronte ás conductas de risco. Nestas xornadas abórdase a prevención do consumo de sustancias, a potenciación de habilidades de resistencia á presión de grupo de iguais e os riscos asociados ao mal uso das novas tecnoloxías.
Aqueles clubes que estén interesados en participar neste programa, totalmente gratuíto, pódense poñerse en contacto coa Asociación Vieiro a través do teléfono 981.75.61.61, do correo electrónico vieiro@vieiro.org ou no WhatsApp 604.07.58.15 para determinar datas e horarios para a súa impartición.
Este programa é totalmente gratuíto e está subvencionado polo Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Comments