ActosActualidadHemerotecaNoticias vieiroNovedades

«Nos últimos anos houbo unha baixada notable no consumo de tabaco»

Xosé María Arán, vicepresidente de Vieiro, considera que cada vez óptase máis por fumar en ambientes privados, e non en espazos públicos ou na rúa

Vieiro alertaba hai uns meses de que catro de cada dez nenos de oito anos xa probara, canto menos unha vez na súa vida, algún tipo de bebida alcohólica. A porcentaxe no consumo de tabaco que obtiveron dos cuestionarios realizados a rapaces de Carballo foi bastante máis baixa, aínda que igualmente preocupante, pois os patróns de comportamento amosaban hábitos fumadores ás agochadas dos familiares. Pese a que a asociación antidroga traballa maioritariamente na prevención na infancia, tamén observan os comportamentos na idade adulta. Cóntao Xosé María Arán, vicepresidente.

-Segundo indican as cifras da Consellería, a xente parece que vai cumprindo coa norma.

-Dende logo o que pode constatarse é que a implantación destas medidas foron moi beneficiosas, e respéctanse eu diría que nun 90%. Observamos que a xente cumpre e é respectuosa cos demais. Polo seguimento que facemos dende Vieiro, creo que cabe felicitar á hostalería nese sentido.

-¿E qué hai do ocio nocturno?

-Nesas zonas en particular a situación non é para tirar cohetes, pero bueno, imos avanzando.

-¿Cales son os casos nos que se dan máis incumprimentos?

-Polo xeral en establecementos de restauración, nas típicas ceas privadas de peñas ou asociacións, en reservados, pero tampouco é demasiado representativo. Tamén hai unha costume moi extendida de deixar fumar nas últimas horas, nas que o establecemento está practicamente pechado. O que está claro, porén, é que hai unha mudanza nas pautas de consumo. Vese nas cifras, pero tamén pola rúa.

-¿Notan que a normativa anime á xente a deixar de fumar?

-Si, moito. Xa só basta con facer unha proba: saír á rúa e pedir un acendedor. Complicado.

-¿Iso tradúcese en que se fuma moito menos ou que se fai nun ámbito máis privado?

-Nas dúas cousas, en realidade. Evidentemente nos últimos anos houbo unha notable baixada no consumo (aínda que a industria tabaqueira segue buscando clientes potenciais a toda costa), pero tamén se fuma menos pola rúa. Agora o tabaco é cada vez máis algo que se deixa para o círculo máis privado. Está claro que a prevención é importantísima, pero a lexislación debe tamén axudar, e neste caso foi un gran acerto, como o será a normativa reguladora de alcol entre menores, que está en trámite e temos que ir a por ela.

-O fumador pasivo agradecerá estes contextos de fume cero.

-Moito, eu creo que é o gran beneficiado á hora de facer aplicable a normativa. Non só esas persoas que acudían puntualmente aos bares, senón tamén polo persoal traballador, ao que non lle quedaba outra máis que aguantar o fume durante todo o día.

 

Fuente: La Voz de Galicia

Comparte esto:

Programa «Constrúe o teu mundo» en el IES Pedra da Aguia

Previous article

Dos de cada tres incumplimientos de la ley antitabaco son graves

Next article

You may also like

Comments

Leave a reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

More in Actos