Hemeroteca

PRENSA 16-10-2020 / NH Diario: “En la huerta con mis amig@s”, programa de Vieiro para previr condutas de risco en escolares

PRENSA 16-10-2020 / NH Diario

  “En la huerta con mis amig@s”, programa de Vieiro para previr condutas…

“En la huerta con mis amig@s”, programa de Vieiro para previr condutas de risco en escolares

Cedida.

Por Redacción16 Novembro 2020

A Asociación Vieiro dentro da súa programación no ámbito escolar, puxo en marcha nos distintos centros educativos de educación primaria de Carballo o programa: “En la huerta con mis amig@s”, dirixido a nenos/as de 3º e 4º de Educación Primaria. Programa que é impartido pola psicóloga Patricia Rodríguez Villar e a pedagoga Dalila Vizcaíno Regueira.
EHA, como se describe este programa, está composto por 8 sesións de 55 minutos. Cada unha delas conta co seu respectivo conto, protagonizados todos eles por hortalizas que relatan situacións persoais que requiren unha solución e que son similares ás que viven os nenos nesta etapa evolutiva.

A través destes contos trabállanse de forma lúdica diferentes temas: os medos, as burlas, os prexuízos e a discriminación, as mentiras, as trampas, os celos, os castigos inxustos, as diferenzas físicas e culturais, a presión de grupo, a resolución de problemas e a identificación de emocións, entre outros.

Para a lectura dos contos, e co fin de favorecer o seguimento dos mesmos, utilízanse unha serie de presentacións animadas, para unha vez lida a historia dar paso a unha serie de actividades e dinámicas propostas para cada curso.

O programa parte de dúas premisas fundamentais: As nenas e os nenos que aprenden a pensar por si mesmos e a actuar de maneira independente teñen máis probabilidades de resistir a presión de grupo na adolescencia e aqueles/as que aprenden a estimarse, coñecerse e a ter boas relacións sociais teñen menos probabilidades de establecer condutas de risco. O principal obxectivo deste programa é contribuír á maduración psicoafectiva, á adquisición de hábitos de saúde e benestar e ao comezo dun traballo preventivo sobre condutas de risco en etapas máis temperás.

Un aspecto fundamental do mesmo, é a identificación de emocións, coñecendo os sentimentos máis comúns experimentados polos nenos/as de 8 e 9 anos. Trátase de conseguir que aprendan a expresar correctamente as súas emocións, de que falen do que senten, e a partir de aí comprender que eses sentimentos son compartidos polos seus compañeiros/as e que existen diferentes formas de reaccionar antes eles.

Con esta iniciativa trátase de potenciar os factores de protección: autoestima, responsabilidade, autonomía, afrontamento, aceptación das diferenzas, regulación de emocións, etc., e de anular/reducir os factores de risco co fin de que os nenos/as estean preparados/as, protexidos/as e en condicións de rexeitar a oferta de consumo de substancias, á que probablemente se verán expostos/as na adolescencia.

En primaria, este tipo de condutas, en xeral non adoitan detectarse. Pero é nela, cando se van configurando determinados trazos e comportamentos que conformarán o estilo de vida que os/as nenos/as terán despois e que poden determinar que este sexa saudable e, por tanto protector, ou pola contra, non sexa saudable e, en consecuencia, incremente a vulnerabilidade ás condutas de risco.

Este programa é gratuíto. Está subvencionado polo Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Fuente: NH Diario

Comparte esto:

PRENSA 16/11/2020: El correo de Bergantiños. Vieiro acerca a los más pequeños un programa centrado en el comportamiento humano

Previous article

Prensa 16-11-2020/ Que pasa na costa. «Aprendendo a identificar as emocións coas amigas da horta»

Next article

You may also like

Comments

Comments are closed.

More in Hemeroteca

× ¿Necesitas información?
Ir al contenido