Hemeroteca

PRENSA 23-01-2021: EL CORREO DE BERGANTIÑOS: Na asociación Vieiro ofertan o programa de prevención Xogo Limpo

PRENSA: 23.01.2021

Na asociación Vieiro ofertan o programa de prevención Xogo Limpo

Vai destinado aos clubes deportivos e a finalidade é abordar as condutas aditivas

Carballo. Dentro da súa programación de prevención no ámbito xuvenil, a asociación Vieiro de Carballo ofertou aos clubes deportivos o programa Xogo Limpo. Segundo explica a entidade, no programa abórdanse as condutas aditivas relacionadas co consumo de substancias e o uso das novas tecnoloxías.

Xogo Limpo está planificado para levar a cabo a través dunhas xornadas distribuídas en diferentes fases, nas que se inclúen sesións formativas para responsables dos clubes deportivos (directores/as, adestradores/as e persoal técnico) sobre pautas de actuación ante a detección de condutas aditivas e obradoiros destinados e adaptados aos xogadores/as das diferentes categorías. Debido á actual situación sanitaria, este ano a asociación Vieiro oferta este programa, ademais de na modalidade presencial, na modalidade online, para reducir o risco de contaxio.

Nos obradoiros, dunha hora e media de duración aproximadamente, abórdanse as temáticas adaptadas a cada grupo de idade para potenciar os factores de protección fronte ás condutas de risco. Nestas xornadas abórdase a prevención do consumo de substancias, a potenciación de habilidades de resistencia á presión de grupo de iguais e os riscos asociados ao mal uso das novas tecnoloxías.

Os clubes interesados en participar neste programa gratuíto pódense poñer en contacto coa asociación Vieiro a través do teléfono 981 756 161, do correo electrónico vieiro@vieiro.org ou do WhatsApp 604 075 815.

Fuente: El Correo de Bergantiños

Comparte esto:

PRENSA 23-01-2021/NH DIARIO: Vieiro oferta “Xogo limpo”, el programa de prevención de adiciones en el deporte

Previous article

¿Qué es una adicción? ¿Qué produce adicción? ¿Sólo las drogas prohibidas?

Next article

You may also like

Comments

Comments are closed.

More in Hemeroteca