Hemeroteca

PRENSA: 24.06.2021 /NH Diario: Nova iniciativa de Vieiro | “Falemos de drogas, a información salva vidas”

PRENSA: 24.06.2021

Con motivo do Dia Internacional da loita contra o tráfico ilícito e abuso de drogas, que se celebra o vindeiro sábado 26 de Xuño, a Asociación Vieiro organiza unha iniciativa na que participarán todos os concellos da Comarca de Bergantiños.

Este ano o lema da campaña é: “Falemos de drogas, a información salva vidas” coa que queren combater a desinformación. Debemos tratar e compartir alto e claro os feitos reais sobre as drogas, afirman desde Vieiro. “É fundamental coñecer os riscos que teñen para a nosa saúde e buscar as solucións para abordar o problema mundial das drogas, desde a prevención, o tratamento e a atención baseados en probas e o coidado das persoas con adicción ás drogas”.

Para conmemorar este día, a entidade trasladou a invitación a todos os concellos da comarca de Bergantiños para sumarse a esta iniciativa. Así, esta fin de semana, todos eles iluminaranse de forma conxunta de cor verde, (cor corporativa da Asociación Vieiro) para celebrar o Dia Internacional da loita contra o tráfico ilícito e abuso de drogas neste 2021.

Desde a Asociación Vieiro agradecen unha vez máis a todos os concellos a boa disposición e a gran acollida desta iniciativa coa súa participación nesta campaña de sensibilizacón e concienciación.

Comparte esto:

PRENSA: 24.06.2021 / La Voz de Galicia: Campaña para combatir la desinformación sobre las drogas en Bergantiños

Previous article

DÍA INTERNACIONAL DE LUCHA CONTRA EL USO INDEBIDO Y EL TRÁFICO ILÍCITO DE DROGAS –

Next article

You may also like

Comments

Comments are closed.

More in Hemeroteca