PRENSA: 14/10/2020
Vieiro ocupará provisionalmente as oficinas do antigo centro de formación da Cristina tras o incendio da súa sede
Solución provisional rápida para a familia da Asociación Antidroga de Vieiro despois do tremendo pau do incendio provocado na súa sede.
O goberno municipal carballés reuniuse onte cos membros da xunta directiva Fina Rey, Xosé María Arán e Pilar Mata e con persoal da asociación antidroga, e propuxeron varias alternativas para que a entidade poida ocupar outro local cedido polo Concello.
O local de A Cristina será a sede provisional de Vieiro
O local do edificio do antigo ambulatorio barallouse como posibilidade, pero a necesidade de realizar obras impediría a súa utilización a curto prazo. Posteriormente achegáronse ata o antigo centro municipal de formación, na avenida da Cristina, que en principio reuniría as condicións necesarias para o seu uso inmediato por parte da asociación, polo que se acordou a ocupación provisional da instalación á espera do acondicionamento da sede que se habilitará no antigo ambulatorio.
A Brigada Municipal de Obras colaborará con Vieiro no traslado, que se realizará esta mesma semana.
A entidade agradece a rapidez da resposta municipal.
O Local do ambulatorio será renovada para ficar como sede fixa da entidade
Comments