Carballo – Redacción.
A ASOCIACION VIEIRO dentro do PROGRAMA DE PREVENCION ESCOLAR inicia hoxe nos C.E.I.P.S de Carballo: A CRISTINA, SAN LUIS ROMERO, FOGAR, BERGANTIÑOS, GANDARA-SOFAN, CANOSA-RUS, NÉTOMA-RAZO e ARTAI o programa HABILIDADES SOCIAIS: “CONSTRÚE” destinado a alumnos e alumnas entre 10 e 11 anos comprendidos nos cursos 5º y 6º de EDUCACION PRIMARIA.
Este programa está dividido en tres bloques:
1.- Acompáñote: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais e ten como obxectivo fundamental:
- Proporcionar aos alumnos/as as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria
2.- Des-conecta: con 2 sesións que teñen como finalidade:
- Dotar de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable
3.- Ti elixes no que se traballan 2 sesións a través das que se pretende
- Facilitar información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os nenos/as podan tener acceso.
O programa Constrúe levarase a cabo durante o primeiro trimestre do curso escolar 2018-2019. As sesión terán unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha e será impartido polas profesionais: MIRIAM ROMERO TRABA (educadora social), DALILA VIZCAÍNO REGUEIRA (pedagoga) e PATRICIA RODRIGUEZ VILLAR (psicóloga).
A ASOCIACION VIEIRO, agradece profunda e sinceiramente a excelente disposición de todos os CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA, así como todas as facilidades dadas polos equipos directivos e profesorado para poder levar a cabo este programa.
Este programa esta financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Comments