


O alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros educativos de Carballo tiveron o pasado o luns a primeira das sesións que se enmarcan dentro do programa de Prevención Escolar impartido por membros da asociación Vieiro.
Nesta primeira sesión traballouse sobre as habilidades sociais que, baixo o título “Constrúe”, tiña por obxectivo proporcionarlle ao alumnado as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida cotiá.
O programa Constrúe levarase a cabo durante o primeiro trimestre do curso escolar 2017-2018. As sesións terán unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos. As piscologas Susana Recarey Eirís, Mª Belén Álvarez Sande e a educadora social Miriam Romero Traba serán as encargadas de impartir cada unha das sesións.
Neste programa participan os centros de educación primaria A Cristina, San Luis Romero, Fogar, Bergantiños, Gándara-Sofán, Canosa-Rus, Nétoma-Razo e Artai.
Comments