HemerotecaNoticias vieiro

Vieiro e as Autoescolas de Carballo alonxan as drogas dos coches

Presentación do programa Cambio de sentido

16 Jul 2018Redacción

Facebooktwittergoogle_plus

Presentación do programa Cambio de sentido

Directivos de Vieiro presentaron na noite de onte o programa destinado as autoescolas “Cambio de Sentido” e un programa gratuito que será impartido nos centro de Educación Vial. Diversas estatísticas sinalan que o consumo excesivo de alcohol e outras drogas é un factor que contribúe de forma decisiva ao incremento dos accidentes, sendo éstes, a primeira causa de mortalidade entre os mozos/mozas/as entre 17 e 24 anos.

Ante esta realidade, a Asociación Vieiro dentro da súa programación oferta un programa preventivo xuvenil para levar a cabo nas autoescolas denominado, “Cambio de sentido”. Este programa está destinado a mozos/as en proceso de obter o carnet de conducir tendo como obxectivo, concienciar ás/aos futuros condutores/as do risco que leva aparellado o binomio condución-consumo de drogas, polo que consideramos moi importante reducir comportamentos de risco relacionados co consumo de alcohol e outras drogas. axudar aos mozos/as que sexan conscientes dos riscos da condución baixo os efectos do alcohol e doutras drogas.

Obxectivo que se concreta nun dobre compromiso:

  • 1.- Reducir a porcentaxe de conductores/as falecidos/as en accidentes de tráfico no que se detecta a presenza de alcohol ou outras drogas.
  • 2.- Reducir o número de conductores/as menores de 30 anos falecidos en accidentes de circulación estando baixo a influenza do alcohol e outras drogas.

Para cumprir estes obxectivos a Asociación Vieiro porá en marcha este programa nas autoescolas do concello de Carballo que se adheriron ao mesmo, a semana próxima según o seguinte calendario

  • Autoescola Benigno, terá lugar o venres día 20 de xullo ás 11:00 horas,
  • Autoescola Carballo o xoves día 19  ás 11:00 horas,
  • Autoescola Alvespa, tamén o xoves día 19  ás 17:30 horas.

Asi mesmo Vieiro fará entrega ao alumnado participante no programa dun Manual de bolsillo: “Lévao contigo” e dun disco: “Contrólate se bebes”  que contén a información relevante sobre a seguridade viaria e o impacto na mesma do consumo de alcohol e outras drogas.

Fuente: Que Pasa na Costa

Comparte esto:

En marcha el programa «Cambio de sentido», de Vieiro, en las autoescuelas

Previous article

INFORME CONSUMOS ESCOLARES SECUNDARIA

Next article

You may also like

Comments

Comments are closed.

More in Hemeroteca