A Educadora Social de Vieiro Mª José Dosil Parafita segue a ser a responsable de desenvolver e atender o Servizo de información, orientación e asesoramento que a Asociación Vieiro mantén dende hai 25 anos na súa loita contra a drogadicción. Un traballo de prevención que abrangue todos os eidos: escolar, comunitario, laboral, xuvenil, familiar, o servizo xurídico ao toxicómano/a, ademais do serivo de atención.
Un servizo gratuíto con atención ao público de luns a venres en horarios de 10 a 13:30 horas e para o que non se precisa cita previa, que está dirixido á mocidade, toxicómanos/as, familias e poboación en xeral.
As consultas pódense levar a cabo tanto a nivel presencial, telefónico como a través de correo electrónico e abarca a toda a poboación das comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra e Xallas, así como dende calquera outro punto xeográfico.
A orientación que se ofrece dende este servizo é:
· Información veraz, confidencial e anónima sobre calquera consulta relacionada con problemas derivados do consumo de drogas ou outras adiccións.
· Información e derivación a recursos especializados para a rehabilitación de condutas adictivas a persoas afectadas.
· Orientación e asesoramento en canto ás habilidades, actitudes e estratexias psicoeducativas de actuación familiar para a prevención e o manexo de condutas de risco máis axeitadas para afrontar as situacións problemáticas.
· Información ás familias sobre pautas e estratexias de actuación ante sospeitas de inicios de consumos de drogas e outras condutas adictivas.
· Entrevistas con pais/nais e afectados/as para analizar persoalmente.
Onde atopar a Vieiro
Este servizo que está atendido pola educadora social Mª José Dosil Parafita, desenvólvese na sede da Asociación Vieiro sita na rúa Vázquez de Parga, 119, Bloque 4 – Baixo Dereita de Carballo, ou chamando ao teléfono 981756161 existindo a posibilidade de deixar unha mensaxe no contestador cos datos de contacto e servicio devolve a chamada á maior brevedade, ou a través da dirección de correo electrónco: vieiro@vieiro.org.
I was reading through some of your posts on this internet site and I conceive this internet site
is rattling informative! Continue posting.Blog monetyze