Un ano máis, a entidade Vieiro pon en práctica o programa de entrenamento en habilidades sociais de vida no que participan uns 1000 alumnos e alumnas dos institutos de secundaria de Carballo (Monte Neme, Isidro Parga Pondal e Alfredo Brañas).
“Existe unha realidade e é que o contacto coas drogas prodúcese cada vez a idades máis temperás provocando consecuencias non solo individuais senon tamén familiares e sociais”, sinalan dende Vieiro. Este é un dos motivos polos que a entidade fai que leve a cabo este programa dentro do ámbito escolar xa que éste, xunto coa familia, é a principal instancia socializadora que permite integrar a prevención de forma natural e posibilita a continuidade no tempo da acción preventiva.
Este programa ten como obxectivo previr os problemas derivados do consumo indebido de drogas na poboación escolar dende unha perspectiva integral ademais de informas sobre as sustancia psicoactivas, os riscos do seu consumo e as súas consecuencias. Asemade, pretende reforzar a autoestima dos escolares, a confianza en sí mesmo e a súa capacidade para tolerar a frustración e mellorar o control emocional. Dentro dos obxectivos do programa, tamén está a de fomentar alternativas de ocupación do tempo libre que axude aos estudantes a elixir estilos de vida saudables, incompatibles co uso das drogas.
Comments