ActosActualidadHemerotecaNoticias vieiroNovedades

VIEIRO PRESENTA AS NOVAS CHARLAS DO PROGRAMA PREVENCIÓN DEPORTE XOGO LIMPO 

Redacción, Vieiro presentou este venres pola as novas charlas do Programa Xogo Limpo.

A partir da próxima semana, a Asociación Vieiro continúa co ciclo de obradoiros do Programa de prevencióndeportiva que esta entidade realiza baixo o lema: Xogo Limpo. O próximo martes día 22 de Maio en colaboración coa Escola Basket Xiria, terá lugar no Auditorio da Biblioteca Municipal do Rego da Balsa de Carballo, unha intervención sobre os perigos das novas tecnoloxías.

Este obradoiro está destinado a xogadores/as de entre 12 e 13 anos do clube Basket Xiria e será impartida pola educadora social da Asociación Vieiro: Miriam Romero Traba.

A actividade dará comezo ás 18:30 horas e nela abordaranse as vantaxes e os riscos das novas tecnoloxías,centrándose maís polo miúdo nas máis utilizadas polos mozos e mozas: Internet eredes sociais, videoxogos, smathphone, xogos de azar (apostas e xogos online),etc. Tamén se proporcionarán pautas de actuación ante situacións conflictivasderivadas do mal uso destas.

Así mesmo, tamén terán lugar outrosobradoiros en colaboración co clube Baloncesto Artai, así o día 23 de Maiohaberá un destinado a adestradores/as, técnicos/as e directivos/as sobre pautasde actuación ante posibles sinais de condutas aditivas. O 24 o obradoiro serásobre sustancias aditivas e estará destinado a xogadores/as deste clube e o31 sobre novas tecnoloxías.

Este programa é totalmentegratuíto. Está subvencionado polo Servizo de Prevención de Condutas Aditivas daDirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería deSanidade da Xunta de Galicia.

Comparte esto:

Vieiro firma un convenio para continuar la asesoría jurídica a toxicómanos

Previous article

Vieiro fai obradoiros co clube baloncesto Artai

Next article

You may also like

Comments

Leave a reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

More in Actos