


O programa de Habilidades Sociais “Constrúe” está destinado a alumnos e alumnas entre 10 e 11 anos comprendidos nos cursos 5º e 6º de Primaria, e está dividido en tres bloques:1.- Acompáñote: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais e ten como obxectivo fundamental: Proporcionar aos alumnos/as as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria
2.- Des-conecta: con 2 sesións que teñen como finalidade: Dotar de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable
3.- Ti elixes: no que se traballan 2 sesións a través das que se pretende Facilitar información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os nenos/as podan tener acceso.
O programa Constrúe levarase a cabo durante o primeiro trimestre do curso escolar 2018-2019. As sesión terán unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha e será impartido polas profesionais: Miriam Romero Traba (educadora social), Dalila Vizcaíno Pereira (pedagoga) e Patricia Rodríguez Villar (psicóloga).
Comments