ActosActualidadHemerotecaNoticias vieiroNovedadesVieiro

Vieiro abre un novo curso da súa Escola de Pais e Nais

0

16 OCT 2017REDACCIÓN

Facebooktwittergoogle_plus

Escola de pais e nais de Vieiro

Escola de pais e nais de Vieiro

Que importante facer prevención contra a drogadicción dende as propias aulas, cara a cara cos alumnos. Pero que importante tamén ter aos pais e as nais ben aprendidos.

Por iso, a Asociación “Vieiro” dentro da programación de prevención no ámbito familiar, convoca a Escola de Pais e Nais a través de todos os CEIP e I.E.S. do concello de Carballo, ao igual que en anos anteriores co fin de informar e formar a pais e nais á hora de desempeñar a labor de educadores.

Este curso é totalmente gratuíto e poderano solicitar aquelas ANPAS, centros educativos ou asociacións que consigan formar un grupo como mínimo de 15 persoas. Tamén poderán solicitalo os pais e nais a nivel persoal.

Este programa -que está patrocinado pola Consellería de Sanidade a través do Servizo de Prevención de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia -será impartido por psicólogas desta Asociación nas instalacións do centro educativo que así o solicite, ou en caso contrario, nun local que Vieiro destinaría ao efecto para impartir o mesmo.

Entre algún dos contidos deste cursos figuran: autoestima, resolución de conflitos, normas e castigos, redes sociais e internet, hábitos e técnicas de estudo, límites e autoridade positiva, prevención das adiccións, estilos educativos…

A duración do curso será de 8 meses (de outubro a maio) con clases presenciais quincenais dunha hora e media de duración. O prazo de inscripción finaliza o próximo día 31 de Outubro e farase na Asociación Vieiro ou no colectivo a donde pertenezan. Para calquera dúbida poden poden chamar ao 981756161.

Vieiro ofrece una nueva edición de su Escola de Pais e Nais

Entrada anterior

Vieiro dá a coñecer os seus programas nos centros de ensinanza secundaria de Carballo

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Más en Actos