![Compartir no Facebook Facebook](https://quepasanacosta.gal/wp-content/plugins/social-media-feather/synved-social/image/social/regular/48x48/facebook.png)
![Compartir no Twitter twitter](https://quepasanacosta.gal/wp-content/plugins/social-media-feather/synved-social/image/social/regular/48x48/twitter.png)
![Compartir no Google+ google_plus](https://quepasanacosta.gal/wp-content/plugins/social-media-feather/synved-social/image/social/regular/48x48/google_plus.png)
![vieiro-carballo](https://quepasanacosta.gal/wp-content/uploads/2017/10/vieiro-carballo.jpg)
As orientadores dos IES de Carballo mantiveron unha reunión con integrantes da xunta directiva de Vieiro
Membros da xunta directiva da asociación Vieiro – Fina Rey (presidenta), María del Pilar Mata (secretaria) e María José Dosil (educadora social) mantiveron onte un encontro coas orientadoras dos centros educativos de secundaria de Carballo co fin de darlles a coñecer os distintos programas que promove a entidade co fin de previr a drogodependencia.
Mª José Vilarelle (IES Alfredo Brañas), Pilar Seoane (do IES Parga Pondal), Marta Martínez (do IES Monte Neme) e Cristina Baldomir (do CPR Artai) coñeceron os programas que ofrece Vieiro para os centros educactivos; tales como “Saúde na escola” ou “Non pasa nada ¿Pasa algo?” asíc omo as iniciativas de intervión socio-educativa na aula (programa Constrúe, Constrúe o teu mundo, Saúde na Escola, habilidades Socio-Emocionais, Na horta cos meus amigos) así como no ámbito famliar (Escolas de Pais/Nais, familias con fillos/as con primeiros consumos e familias con fillos/as con problemas de conduta).
Comments