ActualidadHemerotecaNoticias vieiroNovedades

Vieiro constata o uso abusivo das novas tecnoloxías entre os menores

0
O pasado venres, as educadoras sociais de Vieiro presentaron o “Estudo dos hábitos de uso das novas teconoloxías”

9 Abr 2018

Lorena Martínez Canosa

Que Pasa na Costa

Baixo o título “Estudo dos hábitos de uso das novas tecnoloxías” as educadoras sociais da asociación antidroga Vieiro – María José Dosil e Miriam Romero – presentaron o pasado venres un estudo piloto que naceu co obxectivo de coñecer os hábitos dos nenos e neas na rede. O estudo enmárcase dentro do programa de prevención Desenrédate e nel participaron un 600 menores do municipio de Carballo con idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos.

Durante a presentación, as profesionais sinalaron que os resultados serven como unha primeira aproximación para coñecer os riscos e as oportunidades aos que se enfrontan os menores no uso das novas teconoloxías a través do móbil, videoxogos, aplicacións ou redes sociais.

Os datos

Case un 64% dos encuestados recoñeceron que entre a semana – luns a xoves – pasan entre 0 e 2 horas diarias diante dunha pantalla mentras que o 18,34% recoñece que lle adica entre 2 e 4 horas ás novas tecnoloxías. Os datos varían, e moito, durante a fin de semana. Ainda que o 38% dos menores encuestados afirman adicar entre 0 e 2 dúas horas diairias, “son significativas e preocupantes as porcentaxes que se rexistran nas demais franxas horarias”, sinalan dende Vieiro, xa que estes datos reflexan ao seu parecer un uso abusivo das novas teconoloxías de información e comunicación.

0-2 2-4 4-6 6-8 8-10 10-12 12-14 +
Cantas horas adicas diariamente a “pantalleos” de luns a xoves 63,87%  

18,34%

 

 

9,39%

 

3,96% 2,51% 0,53% 0,53% 0,53%
Cantas horas adicas diariamente a “pantalleos” de venres a domingo 38,01% 27,13% 14,56% 12,85% 3,70 2,54 1,49 1,32

O smartphone é o dispositivo máis empregado polos menores encuestados seguido da tablet e da videoconsola. As aplicacións máis usadas nos teléfonos son WhatsApp, Instagram, Youtube, Facebook, Snaptchat y Musically.

Entre os tipos de xogos cos que se entreteñen coas videoconsolas destacan o Clash Royal – un xogo combinado de cartas e estratexia – e o Fifa – xogo de fútbol -. Séguelle o Minecraf – un xogo creativo de construcción de “mundos abertos” -, seguido do GTA indicado para maiores de 18 anos e coñecido polo seu contido violento e “nada recomendable”.

Con descoñecidos

A maioría dos encuestados neste estudo recoñeceron que xogan online con descoñecidos, seguidos dos que xogan en familia ou solos/as.

Desde a asociación Vieiro destacan a responsabilidade da familia neste eido e descatacan a necesidade dunha labor preventiva con programas como Desenrédate o cal proporciona información sobre as vantaxas e os riscos das novas tecnoloxías, formación teórico-práctica para un uso seguro e a promoción de alternativas de ocio saudables. “De todos é coñecido que os nosos nenos e nenas naceron na era dixital, pero iso non significa que sepan empregalas de forma axeitada e responsable. É responsabilidade de familias e educadores/as o facilitar unha incorporación positiva da tecnoloxía e un bo uso da mesma. As potencialidades son infinitas e os riscos evitables”, sinalan dende Vieiro.

fuente: Que Pasa na Costa

Carballo municipio Las adicciones tecnológicas entre los escolares.

Entrada anterior

La Obra Social La Caixa destina 53.000 euros a varios colectivos de Carballo

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Más en Actualidad