Hemeroteca

Vieiro forma aos monitores deportivos en prevención de condutas aditivas

0
Cedida.
RedacciónRedacción – 07:51 10/03/20
A Asociación Vieiro de Carballo pon en marcha un ano máis o programa de prevención deportiva «Xogo Limpo», enmarcado na súa programación no ámbito xuvenil para a prevención de condutas adictivas relacionadas co consumo de sustancias e o mal uso das novas tecnoloxías.

A entidade ofrece este programa aos clubs deportivos do Municipio de Carballo, que consta de sesións informativas e formativas tanto para xogadores/as como para os/as adestradores/as, persoal técnico e responsables do club.

As sesións destinadas aos\/as xogadores/as serán adaptadas a cada grupo de idade e versarán sobre o abuso de sustancias e o mal uso das novas tecnoloxías. En canto ás sesións destinadas ao persoal técnico, adestradores e directivos profundarase nas pautas de detección de adicción entre os seus xogadores/as, co fin de que actúen de mediadores na detección de situacións de risco.

Este programa ten como finalidade o dotar de información real e veraz achega do consumo de sustancias, os seus efectos e consecuencias e sobre o mal uso das novas tecnoloxías que poden derivar en problemas de adicción e outras situacións conflictivas como o ciberbullying, roubo de datos, estafas, etc. Trátase de potenciar os factores de protección que doten aos participantes de maior coñecemento e habilidades e de resistencia á presión de grupo de iguais tan significativa nestas etapas evolutivas.

A Asociación Vieiro de Carballo invita a todos os clubs deportivos que desexen participar nesta iniciativa póñanse en contacto con esta Asociación (981.75.61.61) para determinar datas e horarios para o seu implantación no club.

Vieiro pon en marcha o programa de prevención deportiva “Xogo Limpo”

Entrada anterior

Vieiro cierra sus instalaciones al público por el COVID-19

Siguiente entrada

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.

Más en Hemeroteca