Desde o seu nacemento, impulsado pola preocupación social ante os problemas de adicción ás drogas, o proxecto da asociación Vieiro non deixou de evolucionar e de atopar novas maneiras de estar ao lado das persoas e das familias que máis o necesitan.
Hoxe vivimos nun contexto distinto, pero non menos complexo. As adiccións xa non se presentan só en forma de substancias, senón que adoptan tamén outras caras máis silenciosas, como as tecnolóxicas, que afectan especialmente á xente nova. A presión das pantallas, a hiperconexión, o consumo constante de contidos ou a dependencia das redes sociais son retos actuais que requiren novas respostas e unha sensibilización renovada.
Neste escenario, o labor comprometido de Vieiro é máis necesario ca nunca. Sodes un referente na prevención, na educación e no acompañamento. Grazas a entidades como a vosa, construímos unha comunidade máis forte, máis informada e máis consciente.
Daniel Pérez López
Alcalde de Carballo
.












Comments