HemerotecaNoticias vieiro

HEMEROTECA/FACEBOOK – ASPABER En ASPABER continuamos avanzando no programa “Triángulo da saúde”, da man da Asociacion Vieiro.

0

HEMEROTECA/FACEBOOC – ASPABER  06.5.2026

💙 En ASPABER continuamos avanzando no programa “Triángulo da saúde”, da man da Asociacion Vieiro.
Onte desenvolvemos a quinta sesión, centrada na resolución de conflitos, un aspecto fundamental para mellorar a convivencia e fortalecer as relacións interpersoais.
👉 Ao longo da xornada traballamos os diferentes estilos de comunicación: pasiva, asertiva e agresiva, reflexionando sobre como inflúen á hora de afrontar e xestionar conflitos no día a día.
🧩 Analizamos tamén estratexias negativas como a negación, a competición, a acomodación ou a evasión, entendendo como poden dificultar a busca de solucións axeitadas. Ao mesmo tempo, puxemos o foco nas estratexias positivas, como a cooperación e a negociación, claves para chegar a acordos equilibrados e construtivos.
🎲 Ademais, realizamos a dinámica “O xogo do si e do non”, coa que traballamos a capacidade de posicionarnos, expresar o que pensamos e decidir o que nos convén ou non, reforzando así a autonomía persoal e a toma de decisións.
✨ Unha sesión moi enriquecedora que nos axuda a seguir desenvolvendo habilidades sociais e emocionais imprescindibles para o noso día a día.
Comparte esto:

Comments

Comments are closed.