HEMEROTECA: 24.05.2026


Presentación del Feirón solidario de Carballo. ANA GARCÍA
Domingo de solidariedade na Costa da Morte: apunta estas e as outras citas que trae a xornada
24 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
O Feirón en Rede amosa o motivo polo que as entidades sociais deben existir
Hoxe • 10.30 hora • praza do Concello de Carballo • O Feirón en Rede Carballo Solidario chega hoxe á praza do Concello despois de ter sido adiado polo mal tempo. Estaba previsto para o 12 de abril, pero nunca é tarde cando se trata de amosar o traballo das entidades socias e o motivo polo que deben existir. Hai xa semanas que fronte á casa consistorial hai unha exposición na que se invita á xente a reflexionar sobre o papel esencial que desempeña o tecido asociativo e facer visible o seu impacto positivo no día a día dos veciños da zona.
Participan catorce entidades sociais que desenvolven a súa actividade no concello: AECC, Alcer, Fundación Érguete Integración, Cruz Vermella, Un paso máis, O legado de Max, Afacer, Cáritas, Aspaber, APEM, Íntegro, Vieiro, Lenda educativa e Senegaleses Carballo. Cada entidade terá un posto no que poderá amosar o seu traballo.












Comments