PRENSA 16-11-2020
Aprendendo a identificar as emocións coas amigas da horta
Non é doado tratar coas criaturas de 3º e 4º de Educación Primaria temas tan importantes como os medos, as burlas, os prexuizos e a discriminación, as mentiras, as trampas, os celos, os castigos inxustos, as diferenzas físicas e culturais, a presión de grupo, a resolución de problemas ou a identificación de emocións.Para facelo dun xeito divertido e dinámico, a psicóloga Patricia Rodríguez Villar e a pedagoga Dalila Vizcaíno Regueira, ambas da Asociación Vieiro, están desenvolvendo nos centros carballeses o programa “Na Horta cos meus amigos/as”. As protagonistas son as propias hortalizas que contan experiencias persoas semellantes ás que viven os nenos desta idade.
INDEPENDENCIA E EMOCIÓN
O programa parte de dous premisas fundamentais: As nenas e os nenos que aprenden a pensar por si mesmos e a actuar de xeito independente teñen máis probabilidades de resistir a presión de grupo na adolescencia e aqueles/as que aprenden a estimarse, coñecerse e a ter boas relacións sociais teñen menos probabilidades de establecer condutas de risco.
O principal obxectivo deste programa é contribuír á maduración psicoafectiva, á adquisición de hábitos de saúde e benestar e ao comezo dun traballo preventivo sobre condutas de risco en etapas máis tempranas.
Un aspecto fundamental do mesmo, é a identificación de emocións, coñecendo os sentimentos máis comúns experimentados polos nenos/as de 8 e 9 anos. Trátase de conseguir que aprendan a expresar correctamente as súas emocións, de que falen do que senten, e a partir de aí comprender que eses sentimentos son compartidos polos seus compañeiros/as e que existen diferentes formas de reaccionar antes eles.
Con esta iniciativa trátase de potenciar os factores de protección: autoestima, responsabilidade, autonomía, afrontamiento, aceptación da diferenzas, regulación de emocións, etc., e de anular/reducir os factores de risco co fin de que os nenos/as estean preparados/as, protexidos/as e en condicións de rexeitar a oferta de consumo de sustancias, á que probablemente veranse expostos/as na adolescencia.
Este programa é gratuito Está subvencionado polo Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Comments